05.02.2021 | 11.00h
Videoconferencia en Zoom
O evento, organizado polo CiQUS da USC, celebra a graduación da primeira promoción do Máster en Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia de Materiais (2019-2021)

A conferencia 'Carbon Nanostructures for Emergent Viruses: Ebola and beyond' será impartida polo profesor da UCM e vicedirector do IMDEA- Nanoscience Nazario Martí.
Este evento do CiQUS forma parte das 'Tutored Training Activities do Máster en Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia de Materiais e servirá para celebrar a graduación da primeira promoción desta titulación da USC.