Ir o contido principal

Deporte solidario

I Carreira Virtual Solidaria Alumni USC

27.02.2021

App RockTheSport

Todo o recadado nesta actividade será doado á Asociación PALUSO, que destinará a cantidade final á compra de alimentos

Cartel do evento
Cartel do evento

Os días 27 e 28 de febreiro Alumni USC celebrará a súa I Carreira Virtual Solidaria. As persoas interesadas en participar nesta actividade adaptada aos tempos que corren, deberán inscribirse nesta ligazón.

A continuación deberán descargar a aplicación RockTheSport. Deste xeito, cada quen poderá saír a percorrer a distancia establecida de 5 km e será a aplicación a que rexistre e clasifique aos integrantes segundo os seus tempos.

Haberá medallas para os 3 primeiros na categoría masculina e na feminina. O prezo simbólico é de 3€ por persoa (+ 0,22 € de gastos de xestión da aplicación).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2021.