A recadación obtida polo festival será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

A Compañía de Teatro da USC estrea a súa produción 'A casa da forza (2, 52 - 88)', un traballo dramatúrxico das páxinas 52 a 82 do texto de Angélica Liddell 'La casa de la fuerza'.
A Aula de Teatro da USC (e a súa compañía de teatro) créase no ano 1990, centrando o seu traballo no ámbito pedagóxico. Ao longo destes anos presentou os seus traballos escénicos en numerosas vilas e cidades de Galicia e España, así como en Francia, Lituania, Portugal, Estados Unidos, Marrocos, Paises Baixos, Bélxica ou Noruega.
Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.