Ir o contido principal

Efeméride

Celebración do Día Internacional dos Arquivos 2021

09.06.2021 | 18.30h

Sala de Conferencias

Evento organizado polo Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS)

Cartel do evento
Cartel do evento

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos 2021, o Arquivo Histórico Universitario organiza un acto onde sacará á luz unha serie de fotografías inéditas do século XIX que ten en custodia e que son sumamente relevantes tanto para a historia da USC como para a cidade de Santiago e para Galicia en xeral.

O evento e contará con Vicente Pérez Muñuzuri, vicerreitor de Investigación e Innovación; Mercedes Rosón Ferreiro, concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade do concello de Santiago; Henrique Alvarellos Casas, escritor, editor e divulgador cultural, co relatorio 'O pioneiro Andrés Cisneros: crónica dun rescate fotográfico'; e con Carlos Castelao, experto en deltioloxía e fotografía compostelá, co relatorio 'Jules David-Cavaz: a fotografía europea chegou á USC'.

Durante a celebración da Semana Internacional dos Arquivos, entre o 7 e o 11 de xuño, as fotografías estarán expostas nas vitrinas da sala de conferencias do AHUS (andar baixo) e poderán ser visitadas entre as 9.30 e 14.00 horas e, previa cita, entre as 16.00 e as 19.00 horas.

Debido as limitacións de aforo e as medidas de prevención sanitarias establecidas, é preciso rexistrar a asistencia presencial ou telemática ao acto así como a visita á exposición en horario de tarde a través do correo electrónico: arquivo.historico [at] usc.es (arquivo[dot]historico[at]usc[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2021.