Salón de Graos

A Facultade de Farmacia celebra este venres 13 a festividade da Inmaculada, a súa patroa, nun acto que terá lugar ás 12.00 horas no Salón de Graos do centro baixo a presidencia do reitor Antonio López.
Na cerimonia, que comezará coa lectura da memoria académica pola profesora Matilde Casas Parada, entregaránselle as insignias de ouro da Facultade ao persoal que se xubilou o pasado curso: Margarita Balboa Barros, José Blanco Méndez, Luis Cid Rey, Teresa Barral, Florencio César Martínez Ubeira, Franciso Javier Reimúndez Campos e Arturo Baltasar Suárez Varela.
‘Quo vadis, Anisakis?’ é o título da conferencia que pronunciará o profesor Florencio César Martínez Ubeira e tras a que se entregarán os diplomas aos doutores e doutoras do curso 2023-2024 e os premios do XI Concurso de ideas para a portada de Traballo Fin de Grao da Facultade de Farmacia’ e do II Concurso de ideas de Felicitación de Nadal da Facultade de Farmacia.
O acto rematará coa intervención da subdirectora xeral de Farmacia da Consellería de Sanidade, Silvia Reboredo García, e da decana da Fcaultade, María de los Reyes Laguna Francia.