Ir o contido principal

Celebración do patrón de Ciencias Económicas e Empresariais

09.04.2025 | 12.30h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebra este mércores 9 a festividade do seu patrón nun acto que abrirá, ás 12.30 horas no salón de graos, a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, que estará acompañada na mesa polo decano, Xoán Ramón Doldán García, e pola profesora da Universidade de Vigo Montserrat Lorenzo Díaz.

A continuación, terá lugar a entrega do premio do XIV concurso de pintura Crearte a Eduardo Pérez Baamonde pola súa obra Dicotomía, o Premio Fulget 2024 a Auditora Galega de Contas, SLP e o de Innovación Docente 2024 a Diego Sande Veiga pola súa proposta ‘Construíndo a economía e a cidadanía europea e da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal nas aulas’, desenvolvida nas materias Política Económica (2º curso do Grao en ADE) e Política Económica Internacional (4º curso do Grao en Economía).

Entregaranse ademais os Premios Ángela Ruíz á Excelencia Académica 2023-2024, os extraordinarios de grao, mestrado e doutoramento e o Premio María del Carmen Lorenzo Díaz aos mellores TFG e TFM sobre a economía dos recursos naturais e do medio ambiente.

A cerimonia rematará cun acto de recoñecemento da acción solidaria da Facultade coa asociación Anxiños que preside Ruth Gómez Vázquez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2025.