Ir o contido principal

Charla-concerto de Francisco Castro sobre os Beatles

10.09.2025 | 19.00h

Organizada por Alumni USC

Emblemática foto dos Beatles en Abbey Road
Emblemática foto dos Beatles en Abbey Road

A Asociación Alumni USC de antigas alumnas e alumnos da institución compostelá organiza o mércores 10 unha charla-concerto sobre os Beatles, que contará coa participación de Francisco Castro.

A actividade, a desenvolver ás 19.00 horas na Facultade de Filosofía, é de entrada gratuíta previa inscrición no correo alumni [at] alumniusc.com (alumni[at]alumniusc[dot]com).

Cartel da actividade
Cartel da actividade
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.09.2025.