Ir o contido principal

Charla e exposición 'O apaixonante mundo dos meteoritos'

25.04.2024 | 17.30h-19.00h

Santiago de Compostela

A exposición mostra a colección de Xavier Canseco
A exposición mostra a colección de Xavier Canseco

O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a partir do vindeiro xoves  25 unha exposición temporal de meteoritos, colección particular de Xavier Canseco.

A inauguración oficial da mostra terá lugar ás 19.00 horas nas instalacións do museo, no Parque Vista Alegre, aínda que previamente -ás 17.30 horas- terá lugar unha charla do propietario da colección de meteoritos exposta titulada ‘O apaixonante mundo dos meteoritos’.

Tanto a entrada á exposicióno xoves como á charla son gratuítas, previa inscrición a través dos enderezos comunicacion.museohistorianatural [at] usc.es (comunicacion[dot]museohistorianatural[at]usc[dot]es) ou amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2024.