Ir o contido principal

Charla informativa sobre a futura PAC, a cargo de Quico Ónega

6/4/2022 - 16.00 horas

A sesión organizada pola asociación Agromuralla desenvolverase a partir das 16.00 horas no salón de actos da EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo. O acceso é libre e de balde ata completar o aforo

Imaxe simbólica da PAC
Imaxe simbólica da PAC

O enxeñeiro agrónomo e investigador do Laboratorio do Territorio da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo Quico Ónega ofrecerá este mércores 6 de abril, a partir das 16.00 horas, no salón de actos da EPSE, unha charla informativa sobre a futura PAC.

A sesión está promovida pola asociación Agromuralla, un colectivo creado a finais de 2015 e que na actualidade engloba uns 400 gandeiros das provincias de Lugo e da Coruña. O acceso é libre e gratuíto ata completar o aforo.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.03.2022.