28.02.2024 | 13.00h-14.00h

Este mércores 28 Diego Martín Fernández e Alessia Guerra Martinuzzi ofrecen na Facultade de Química desde as 13.00 horas unha charla informativa sobre saídas profesionais do grao en Química, que nesta ocasión xira arredor da figura de químico interno residente (QIR). A charla, que terá lugar na Aula Magna do centro, forma parte do programa de actividades e eventos deste curso, en concreto do ciclo Química Activa.
