Ir o contido principal

'Saídas profesionais en FINSA'

Charlas Universitarias Talentia Summit

Especialmente dirixida ao alumnado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Charla con Mari Carmen López Segade, técnica de persoal de FINSA
Charla con Mari Carmen López Segade, técnica de persoal de FINSA

O evento Talentia Summit, organizado polo Concello de Santiago, promove en 2021 faladoiros con referentes do ámbito profesional e académico para que compartan a súa experiencia e coñecementos co estudantado da USC. 

O mércores 17 de novembro ás 12.00 horas, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá a conversa 'Saídas profesionais en Finsa'. Mari Carmen López Segade, técnica de persoal da compañía, presentará os perfís profesionais e as competencias para o emprego que máis se valoran na empresa.  A sesión afondará na presentación da empresa, nas vías de entrada ao mercado laboral (TFG, TFM, prácticas), na empregabilidade e nos procesos de xestión do talento, tratará tamén das familias profesionais e posibilidades de emprego en Finsa e incluirá testemuños de traballadoras e traballadores actuais. 

A inscrición é de balde até completar as 100 prazas dispoñibles. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.11.2021.