Ir o contido principal

Chatea cunha astrónoma

07.03.2023 | 10.00h-22.00h

Santiago de Compostela
En liña

A profesora Josefina F. Ling forma parte do equipo de astrofísicas que interveñen neste encontro divulgativo

Chatea cunha astrónoma
Chatea cunha astrónoma

O 7 de marzo de 2023, entre as 10.00 e as 22.00 horas, terá lugar a sexta edición de 'Chatea cunha Astrónoma', unha actividade organizada pola Comisión Muller e Astronomía da Sociedade Española de Astronomía ao abeiro das accións do  11 de febreiro, o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia e que este ano se celebra na véspera do Día Internacional das Mulleres. 

A profesora Josefina F. Ling da Universidade de Santiago de Compostela formará parte do equipo de 64 astrofísicas dispoñibles para conversar sobre a súa investigación, a súa experiencia como mulleres científicas, a carreira investigadora ou temas de astronomía xeral. O  fin deste encontro é achegar a ciencia actual ao público xeral de man das súas protagonistas femininas, dando así visibilidade á súa presenza e relevancia. Trátase dunha actividade de divulgación única, ao alcance de calquera que dispoña de conexión a internet, que proporciona unha plataforma directa e privada de conversación entre as astrofísicas profesionais e o público xeral. 

Na súa anterior edición, celebrada en febreiro de 2022, as astrofísicas participantes atenderon máis de 350 conversas durante que poderán repetirse agora, ao longo das 12 horas ininterrompidas nas que resolverán as dúbidas que a audiencia queira formularlles.

Este 7 de marzo a conversa técese a través da plataforma Tawk.to á que se pode acceder dende esta ligazón

Agradécese que o profesorado que queira conectarse coa súa clase abra un único chat para garantir que as astrófísicas poden atenter a maior cantidade de chats posibles. 

Na imaxe anexa está dispoñible a listaxe completa de profesionais participantes. 

 

 

 

Listaxe de astrónomas participantes
Listaxe de astrónomas participantes
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2023.