Evento organizado polo Museo de Historia Natural da USC

A presentación do libro 'Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros' de Xoana Pintos contará coa participación do vicerreitor de Innovación e Investigación, Vicente Pérez Muñuzuri; a conselleira de Emprego e Igualdade, Mª Jesús Lorenzana, e o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro.
Lonxe está aínda de ser unha realidade en todo o mundo, pero ninguén se atrevería hoxe a cuestionar a igualdade intelectual das mulleres e o seu dereito á educación, mais tempo atrás a situación era moi diferente. Ese camiño é o que a autora percorre neste libro, onde explica que a entrada das mulleres na universidade foi un exercicio épico no que tiveron que loitar contra prexuízos e supostas argumentacións “científicas” para xustificar o que non é máis ca discriminación.
O acto poderá seguirse en streaming na seguinte ligazón.