Ir o contido principal

Presentación do libro

'Ciberciudadanía. Retos de la democracia digitalizada '

18.02.2022 | 18.00h

Santiago de Compostela
Aula 8

Trátase dun volume coordinado pola profesora do Departamento de Ciencias da Comunicación, Berta García Orosa

'Ciberciudadanía. Retos de la democracia digitalizada '
'Ciberciudadanía. Retos de la democracia digitalizada '

O volume Ciberciudadanía. Retos de la democracia digitalizada, coordinado pola profesora Berta García Orosa,  presentarase na Aula 8 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela o venres 18 de febreiro a partir das 18 h.

O libro Ciberciudadanía. Retos de la democracia digitalizada , no que participan de 10 autoras e autores de distintas universidades cun propósito divulgativo, aborda algunhas das claves que permitirán á cidadanía coñecer e xestionar as implicacións da tecnoloxía na nosa vida.

A actual ciberciudadanía —en canto axente político— dispón de novos recursos para participar no espazo público, aínda que, ao mesmo tempo, debe enfrontarse a estratexias cada vez máis sofisticadas e ocultas dos poderes hexemónicos que non só impoñen as súas mensaxes e accións, senón sobre todo as súas frames ou marcos de significación. O volume desvela claves suficientes para que a cidadanía poida aproximarse á comunicación política dixital e comprender a influencia que ten o simple uso dunha determinada tecnoloxía, pois a esta desempeña cada vez un papel de maior relevancia.

Previamente á presentación do libro terá lugar o “Seminario de Investigación sobre Ciberactivismo e axenda de investigación. Retos teóricos e prácticos” a cargo de Francisco Sierra, catedrático de Xornalismo da Universidade de Sevilla e coordinador da rede de investigación Citycom.

A participación en ambos eventos está aberta ao público

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.02.2022.