Ir o contido principal

Ciclo de conferencias 'COVID-19: Hoxe é o día despois'

'Ciberseguridade durante a pandemia. Desafíos na seguridade global e nacional e riscos na sociedade e as empresas'

09.06.2020 | 19.00h

Videoconferencia en Zoom

Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Zoom

Máscara e guantes. Foto: Pixabay
Máscara e guantes. Foto: Pixabay

Ángel Gómez de Ágreda, coronel do Exército do Aire e antigo representante de España no Centro de Excelencia de Cooperación en Ciberseguridade da OTAN, Lola Rebollo, xerente de Empresas e IDi en INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade), e José Julio Fernández, director do CESEG e profesor de Dereito Constitucional da USC, serán os responsables desta charla.

Esta videoconferencia gratuíta e aberta ao público require inscrición previa a través da plataforma Zoom. Podes formalizar a túa aquí

O ciclo de encontros en liña 'COVID-19: Hoxe é o día despois' reunirá ao longo das próximas semanas expertos e expertas nacionais e internacionais para abordar temas relevantes no contexto da crise provocada polo COVID-19.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.05.2020.