Con Tamara Vázquez, responsable de loxística da fábrica FINSA.
Coa finalidade de achegar o mundo da empresa ao alumnado, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC organiza o ciclo 'Aprendendo das empresas', unha serie de conversas na que responsables e persoal das diferentes áreas funcionais de diferentes organizacións explicarán entre outros aspectos, as funcións e os obxectivos de cada unha desas áreas e as tarefas que se desenvolven nelas no día a día.
Todas as persoas que participan como relatoras foron parte do alumnado dos graos ou licenciaturas impartidas no centro, polo que as conversas tamén poden servir de referente para o alumnado actual.
A segunda delas de desenvolverase o 9 de marzo ás 12.00 horas na Aula B da facultade, e contará coa presenza de Tamara Vázquez, responsable de loxística da fábrica FINSA.