
A Cátedra Cruz Roja da USC e o Festival Cortocircuíto colaboran conxuntamente no ciclo ‘Envellecemento: ganancias e resiliencia’ enmarcado na sección campus do festival que se desenvolverá os días 12 e 13 de maio na Facultade de Psicoloxía.
As dúas sesións serán ás 17.00 horas e contarán cunha presentación a cargo de Arturo X. Pereiro, director da Cátedra Cruz Roja-USC, e José Díaz, director executivo do Curtocircuíto Festival Internacional de Cinema.
O luns 12 terá lugar a proxección de ‘Luisa no está en casa’ (Celia Rico, 2012), ‘Los desheredados’ (Laura Ferrés, 2027) e ‘Ser e Voltar’ (Xacio Baño, 2017). A continuación, haberá un coloquio co codirector da Cátedra Cruz Roja USC, Onésimo Juncos-Rabadán, e o autor Xacio Baño.
A sesión do martes conta coas proxeccións de ‘Cruz Piñón’ (Xisela Franco, 2019), ‘It's Consuelo’ (Eva Min, 2024) e ‘Mrs Holocaust’ (Michalina Musielak, 2016). No coloquio participarán José Díaz; a decana da Facultade de Psicoloxía USC, María José Sampedro; o programador e crítico cinematográfico, Jesús Silva; e a profesora titular do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC, Raquel Martínez Buján.
