
A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía da USC ten lugar este mércores día 31 de xaneiro, ás 18.00 horas, no Salón de Actos do centro (Planta baixa da Facultade, Praza Mazarelos s/n, Santiago de Compostela). Proxectarase unha sesión de curtas de animación e experimentais de Joris Ivens, Len Lye, Mary Ellen Bute, Marie Menken, Aleksandra Korejwo, Jordan Belson e José Val del Omar, entre outros. Esta é unha actividade do proxecto 'Cultura en Mazarelos' da Facultade de Filosofía. A presentación da sesión correrá a cargo do decano Xavier de Donato. A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.
A listaxe de filmes que se proxectarán atópase integrada por:
1ª parte (50 min)
Regen (1929), de Joris Ivens (14’)
Color Box (1935), de Len Lye (3’)
Spook Sport (1940), de Mary Ellen Bute & Norman McLaren (8’)
Sněhulák (1966), de Hermína Týrlová (9’)
Carmen Suite (1994), Aleksandra Korejwo (5’)
Samadhi (1967), de Jordan Belson (5’)
Glimpse of the Garden (1957), de Marie Menken (5’)
2ª parte (52 min)
Fantasy in g minor (1965) de Jan Švankmajer (9’)
Fragmento de The Trial (1962), de Orson Welles (por Alexandre Alexeieff) (3’)
Franz Kafka (1991), de Piotr Dumała (16’)
Acariño galaico (1961), de José Val del Omar (24’)