18.10.2023 | 16.00h-19.30h
Salón de Actos
A nova sesión do ciclo estará imparta por Rosa Rius e Isabel Balza

O ciclo desenvolve unha nova sesión coa participación da profesora da Universitat de Barcelona Rosa Rius que reflexionará sobre filosofía política na conferencia 'Conversando con Maquiavelo. A voltas co Príncipe'. Seguiralle a partir das 17.30 horas Isabel Balza, profesora da Universidade de Xaén, coa intervención 'A piedade salvaxe da Diotima de Mantinea de María Zambrano. Unha lectura ecofeminista'. Presentará e moderará ambas charlas, Yolanda Martínez, coordinadora do mestrado en Filosofía.
Esta é unha actividade organizada pola coordinación do mestrado en Filosofía. A asistencia será libre ata completar a capacidade do Salón de Actos do centro

