Na sesión do martes 14 intervirá Joaquín Fernández Mateos

A seguinte sesión do ciclo de conferencias 'Coñecemento e Cidadanía (CCC) terá como protagonista a Joaquín Fernández Mateo, da Universidade Rei Juan Carlos que disertará sobre 'FILOSOF+IA: Retos filosóficos de las sociedades digitales'. O encontro desenvolverase na Aula 4 con entrada libre ata completar a capacidade do espazo.
Na conferencia o profesor Fernández Mateo analiza, dende a Filosofía, os diferentes problemas que presentan as sociedades dixitais. A transformación dixital, que hoxe se formula en termos de cuarta revolución industrial, formula unha sucesión de procesos de cambio que, ao impactar máis alá das dimensións económicas e industriais, requiren dunha aproximación filosófica.