07.03.2022 | 20.30h
Con Paula Diz Parrondo (violín) e Miguel Montes Cal (piano)

A Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Compostela Sound presentan a quinta edición no Ciclo de Novos Talentos Musicais. Nel participan instrumentistas de orixe galega ou residentes en Galicia que non superan os 31 anos de idade.
O primeiro dos recitais desta quinta edición terá lugar o luns, 7 de marzo, ás 20.30 h no Paraninfo da USC.
A violinista Paula Diz Parrondo interepretará composicións de W.A. Mozart, H. Wienawsky e E. Lalo co acompañamento ao piano de Haruna Tabeke. A seguir, Miguel Montes Cal tocará ao piano pezas de F. Chopin en F. Liszt.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.