15.03.2022 | 20.30h
Paraninfo
Actúan as pianistas María Blanco Iglesias e Aitana López Caaveiro

A USC e a Asociación Compostela Sound presentan a quinta edición no Ciclo de Novos Talentos Musicais. Nel participan instrumentistas de orixe galega ou residentes en Galicia que non superan os 31 anos de idade.
O terceiro dos recitais desta quinta edición no que actúan as pianistas María Blanco Iglesias e Aitana López Caaveiro, terá lugar o martes, 15 de marzo, ás 20.30 horas no Paraninfo da USC.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.