Evento organizado pola Facultade de Psicoloxía da USC e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

A III edición do ciclo 'Tempo da Psicoloxía', que leva por título 'Unha ollada sobre a pandemia', é unha iniciativa anual para favorecer a divulgación e o debate na USC e na sociedade das achegas da psicoloxía, coincidindo coa celebración do día da psicoloxía académica.
Os coloquios que conforman esta iniciativa terán lugar os días 22, 23 e 24 de febreiro, con comezo ás 19.30 horas en formato online a través da plataforma Zoom.
Cada un dos días está adicado ao efecto da COVID-19 nun sector da poboación: 'Mais alá da resiliencia, o avellentamento asediado pola COVID-19', 'Das ondas ao mar de fondo: a pegada psicolóxica do coronavirus', e 'A xeración COVID-19: medrar en tempos de pandemia'.
Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre a través da seguinte ligazón. O ID de seminario web é 947 6611 6735, e o código de acceso é 465256. Non é precisa á inscrición, se ben a capacidade está limitada a 500 persoas.