Ir o contido principal

Retoma a súa actividade

Ciclos 'Pasados Incómodos' de Histagra

08.11.2023 | 19.00h-21.00h
Interior da Facultade de Xeografía e Historia
Claustro inferior da Facultade de Xeografía e Historia

O ciclo 'Pasados Incómodos' de Histagra retoma este mércores 8 a súa actividade coa presenza de Queral Solé, da Universitat de Barcelona (UB), co relatorio 'Reflexións históricas ao redor do val de Cuelgamuros'. A profesora Solé está recoñecida como unha das máximas autoridades na investigación sobre o significado do mausoleo do Val dos Caídos, dirixindo unha investigación para a identificación dos corpos enterrados neste espazo.

Queralt Solé e o investigador da UB David Tormo fixeron un informe para cada unha das persoas que se exhumarán, ata un total de 65. En cada caso, reconstrúese a traxectoria que seguiu o corpo ata que se depositou no Val dos Caídos. Para a investigación utilizáronse basicamente arquivos provinciais e municipais, así como da comunidade benedictina situada no mesmo Vale dos Caídos. A finalidade destes informes é entregalos ás familias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2023.