05.07.2021 | 18.00h
Evento organizado polo CiQUS

A mesa redonda 'Ciencia e Investigación na era post-COVID' contará coa participación da decana da Facultade de Química da USC, Pilar Bermejo; do director do CIC BiomaGUNE, Luis Liz Marzán; e da subidirectora xeral de Promoción Científica e Tecnoloxía Universitaria da Xunta de Galicia, María Jesús Tallón. Intervirá como moderador José Luis Mascareñas, director científico do CiQUS.
O evento terá lugar en liña a través de Zoom, e a inscrición previa é requerida. Podes formalizala nesta ligazón.