21.03.2023 | 12.00h
Conferencia de Ignacio Lago Peñas no marco da festividade da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

O catedrático de Ciencia Política da Universitat Pompeu Fabra Ignacio Lago Peñas ofrecerá o vindeiro martes 21 de marzo ás 12.00 horas a conferencia 'Ciencia Política en momentos de cambio', un relatorio que se desenvolverá no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais ao abeiro das celebracións da festividade do centro.
A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.