Ir o contido principal

Día Internacional da muller e a nena na ciencia

CientifiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS

Sede do CiQUS. FOTO: Santi Alvite
Sede do CiQUS. FOTO: Santi Alvite

Coa declaración do 11 de febreiro como Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia, a ONU busca lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais de procurar o seu apoderamento e a igualdade de xénero. Neste contexto, o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares promove este venres 9 de febreiro a iniciativa CientifiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS, un encontro entre estudantes de bacharelato e investigadoras do centro para sensibilizar as xeracións máis xoves sobre esta cuestión. As persoas participantes coñecerán a investigación que realizan as mulleres no CiQUS, adentrándose nos laboratorios do centro onde serán recibidas por investigadoras que se atopan en distintas etapas da súa carreira profesional e que compartirán a suas experiencias. A maiores, o alumnado tamén poderá percorrer as instalacións e coñecer o equipamento científico do centro.

O alumnado participante será recibido ás 10.00 horas pola directora adxunta do CiQUS, Dolores Pérez; de 10.30 a 11:30 horas serán os encontros con investigadoras. E de 10.30 a 11.30 horas, paralelamente, desenvolveranse visitas ás instalacións por parte de Enrica Soprano, responsable de Microscopía Avanzada  e de Arcadio Guerra, responsable de Equipamento Instrumental.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.02.2024.