Ir o contido principal

CineFilo: 'Migas de pan'

17.10.2023 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

No coloquio contarase coa presenza de Cintia Fresenga e Ailén Kendelman

Cartel do evento
Cartel do evento

O vindeiro día 17 de outubro, CineFilo viaxará ao sur de Latinoamérica para reflexionar sobre as ditaduras do último terzo do pasado século "e os vestixios que esta violencia sistemática e institucionalizada deixou no presente", arredor do filme Migas de pan, tal e como explican dende a organización da iniciativa. No coloquio contarase coa presenza de dúas actrices, Cintia Fresenga e Ailén Kendelman, coas que se abordará o proceso da rodaxe e como se afronta a memoria histórica, a dor e o trauma a través da sétima arte. A actividade é aberta e de balde, e está recoñecida pola Facultade de Filoloxía como formación.

Organizado pola Facultade de Filoloxía (Proxectos colaborativos) e coordinado pola Área de Filoloxía Catalá, o cineclub quere ser un punto de encontro a través do cine das linguas e culturas que se ofrecen na Facultade, así como un espazo de colaboración e diálogo entre todos os membros da comunidade e veciñanza.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2023.