Promovido polo Grupo de Estudos Audiovisuais da USC en colaboración co grupo CINEMA da Universitat Pompeu Fabra e o Cineclube de Compostela

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá os días 14 e 15 de setembro o seminario 'Cinema e deporte. Clase, xénero e cuestión nacional', organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC o grupo Cinema. Col.lectiu d´Investigació Estètica des Mitjans Audiovisuals da Universitat Pompeu Fabra e o Cineclube de Compostela.
A profesora emérita de Comunicación Audiovisual da USC e coordinadora do GEA, Margarita Ledo Andión, será a encargada de abrir o encontro o xoves 14 ás 10 horas, e dará paso a dúas xornadas de conferencias, debates e proxeccións nas que participarán o catedrático de Comunicación Audiovisual, José Luis Castro de Paz e a profesora e investigadora María Soliña Barreiro, tamén da USC. En representación da Universitat Pompeu Fabra participarán Manuel Garin, Albert Elduque, Nuria Cancela e Laia Puig. Intervirán ademais o fotógrafo e investigador Vito Vaqueiro e representantes da editorial Meninho Morreu.
O seminario, de balde ata completar cabida, desenvolverase no Auditorio da Facultade e tamén levará sesións de proxección ao Cineclube de Compostela.
Pódese atopar máis información sobre o evento na web do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC.