Este evento forma parte dos seminarios e conferencias do grupo de investigación HISTAGRA da USC

A conferencia 'Clase e traballo feminino durante o franquismo', impartida por Eider de Dios Fernández, terá un aforo limitado e baixo inscrición previa no correo histagra [at] usc.es (histagra[at]usc[dot]es), aberta ata o 10 de novembro. Tamén será retransmitida en liña a través de Microsoft Teams.
Eider de Dios Fernández é doutora en historia contemporánea na UPV coa tese 'Sirvienta, empleada, trabajadora de hogar. Género, clase e identidad a través del servicio doméstico en el Gran Bilbao (1939-1985)'. Na actualidade é profesora da UPV, na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, e foi a gañadora do premio Victoria Kent en 2017.