Ir o contido principal

Festival de Artes Escénicas 'USCénica' 2021

'Clausura do amor', de Pascal Rambert, a cargo da compañía 'Cámara Negra Teatro'

24.06.2021 | 21.00h

Salón Teatro

A recadación obtida polo festival será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

Imaxe da representación
Imaxe da representación

Unha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para encarnar un texto visceral sobre a fin do amor. O espectador asiste, como cómplice silencioso, ao acto mesmo de clausurar o amor, de matalo en escena. 

Cámara Negra leva dende 1996 montando textos de Shakespeare, Chejov, O’Neill, Müller, Ibsen, Dostoievski, Visniec ou Koltés, sempre desde un compromiso claro co teatro contemporáneo.

Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2021.