Ir o contido principal

Clausura da X edición do Proxecto Mentoring USC

24.06.2025 | 12.00h

Salón Nobre

Vista do Colexio de Fonseca desde o seu Claustro Alto. Foto: Santi Alvite
Vista do Colexio de Fonseca desde o seu Claustro Alto. Foto: Santi Alvite

A décima edición do programa Mentoring USC clausurarase o martes 24 de xuño, ás 12:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca nun acto que presidirá o reitor da USC, Antonio López Díaz. Nesta convocatoria participaron 64 estudantes e contouse con 98 persoas mentoras e colaboradoras.

No evento intervirán ademais a estudante participante da actual edición Sofía Fernández Seijas, e o director xerente de Biostatech e mentor colaborador do proxecto, Vicente Lustres Pérez.  A cerimonia estará amenizada por un grupo musical da Orquestra e Coro da USC.  
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2025.