Ir o contido principal

Acto académico

Clausura do programa 'Camiños de coñecemento e experiencia'

21.06.2022 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

Ao abeiro do programa de IV Ciclo, trátase dunna iniciativa formativa dirixida a persoas maiores de 50 anos das comarcas da contorna de Santiago de Compostela e da súa zona de influencia administrativa e sociocomunitaria.

Clausura do Programa 'Camiños de Coñecemento e Experiencia'
Clausura do Programa 'Camiños de Coñecemento e Experiencia'

O programa 'Camiños de Coñecemento e Experiencia' ten por obxectivo favorecer a democratización do saber, potenciando e difundindo o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos das comarcas colaboradoras no proxecto que, por diferentes motivos, non poden participar nas actividades do programa de IV Ciclo.

Promovido pola USC, conta con financiamento da Deputación da Coruña e coa participación dos Concellos de A Estrada, A Pobra do Caramiñal, Arzúa, Cambados, Lalín, Melide, Muros , Noia, O Pino, Ordes, Outes, Padrón, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Silleda, Teo, Vedra, e Vilagarcía de Arousa.  

O programa desenvolvuse nos meses de marzo a xuño de 2022 e celebrará o seu acto de clausura o martes 21 de xuño. O evento terá lugar ás 17.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e contará coas intervencións da vicerreitora de Estudantes e Cultura;  Pilar Murias Fernández; da directora do Programa Universitario de Maiores-IV Ciclo, Mª Esther Olveira Olveira; e dunha das alumnas do programa, Beatriz Rosende Paz. A seguir, Laura Touriñán Morandeira, investigadora posdoutoral 'Margarita Salas', pronunciará a lección maxistral do acto. O evento incluirá tamén a entrega de diplomas a representantes dos concellos adscritos ao programa e contará coa intervención do subdirector xeral de Planificación, Sistemas de Información, Calidade, Humanización e Innovación Asistencial da Xunta de Galicia, Javier Ventoso Rial. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.06.2022.