Ir o contido principal

Clausura da XXXV Edición dos Cursos de lingua e cultura galegas

24.07.2025 | 11.30h

Salón de Actos

A clausura dos cursos será en Filosofía. Foto: Santi Alvite
A clausura dos cursos será en Filosofía. Foto: Santi Alvite

A XXV edición dos Cursos de lingua e cultura galegas organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da USC clausúranse este xoves 24 ás 11.30 horas no salón de actos da Facultade de Filosofía. Na iniciativa colaboran a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña.

O acto, que contará coa presenza de todo o estudantado, presidirao a directora do Instituto da Lingua Galega, Elisa Fernández Rei, e nel participarán ademais o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; a directora dos cursos, María López-Sández; o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez; e Vicente Feijoo Ares, en representación do profesorado.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.07.2025.