Ir o contido principal

Conferencia

Clube de Masculinidades Disidentes

11.12.2019 | 11.15h

O Clube de Masculinidades Disidentes bota a andar cun relatorio de Jorge García Marín en Ciencias da Comunicación. Baixo o título ‘Masculinidades en disidencia co patriarcado’, a conferencia dará comezo este mércores 11, ás 11.15 horas, na sala de Visionado 1.

Cartel do clube
Cartel do clube

A Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) da USC bota a andar este mércores, na Facultade de Ciencias da Comunicación, o Clube de Masculinidades Disidentes do Patriarcado. Un relatorio do profesor da área de Socioloxía e secretario do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero da USC, Jorge García Marín, será o primeiro dos actos que a OIX impulsará neste eido. A Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá este mércores 11, a partir das 11.15 horas, o relatorio de García Marín baixo o título ‘Masculinidades en disidencia co patriarcado’. 

O acto poderá seguirse en directo dende esta ligazón. A inscrición pode formalizarse a través deste formulario. Esta actividade está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2019.