29/11/2022 - 18.00 horas
Sala de Xuntas
A sesión, organizada pola Comisión de Igualdade da EPS de Enxeñaría do Campus Terra, desenvolverase o 29 de novembro, ás 18.00 horas, na sala de Xuntas do centro

A Comisión de Igualdade da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC celebra o vindeiro martes 29 de novembro, a partir das 18.00 horas, na sala de Xuntas do centro universitario lugués, o coloquio ‘Os coidados, unha cuestión de xénero’.
A profesora da área de Fiolosofía e Antropoloxía da USC Guadalupe Jiménez e Maruxa Berdasco, do GDR Ancares, serán as relatoras que abordarán nesta sesión a economía dos coidados, ao tempo que achegarán unha visión da súa posta en práctica nunha contorna rural como a que representan Os Ancares.