Sala de Xuntas
Investigadores da USC, Colombia, Ecuador e Guatemala participan este luns na EPS de Enxeñaría do Campus Terra nunha xornada técnica sobre medio ambiente e clima

Investigadores da USC participan este luns, a partir das 13.00 horas, na sala de Xuntas da EPS de Enxeñaría do Campus Terra, nun xornada técnica de cooperación científica internacional na que intervirán como relatores docentes e investigadores de Colombia, Ecuador e Guatemala, que darán conta das súas respectivas liñas de traballo nos ámbitos do desenvolvemento medioambiental e na loita contra a mitigación do cambio climático.
Os investigadores da Escola Politécnica Superior de Chiomborazo (Espoch) de Ecuador Magdy Echeverría e Andrés Beltrán abrirán a quenda de intervencións desta sesión, que está organizada ao abeiro do programa de doutoramento internacional en Investigación Agraria e Forsestal que coordina o catedrático da USC Agustín Merino.
Attila Lenti, da Universidade Sopron, de Hungría, e da Universidade dos Andes (Colmbia), e Irene Franco e Karla Paz, investigadoras do Centro de Estudos do Mar e da Acuicultura (CEMA) da Universidade San Carlos de Guatemala, completan a quenda de intervencións dunha xornada que tamén se poderá seguir de xeito telemático a través da seguinte ligazón da plataforma Teams.