Centro Sociocultural de Vedra
O profesor da Facultade de Ciencias da Educación Iván García presenta os resultados máis destacados da súa tese

O Centro Sociocultural de Vedra acolle este venres 1 de decembro ás 20.30 horas a presentación/coloquio 'O asociacionismo en Vedra. Como somos?', na que se presentarán os resultados derivados da tese de doutoramento que defendeu en xullo o profesor da Facultade de Ciencias da Educación Iván García titulada.
No coloquio falarase do asociacionismo no desenvolvemento socioeducativo e cultural do concello de Vedra para compartir, discutir e comentar coa comunidade o estudo realizado e tentar formular propostas de futuro para a mellora dos procesos socioeducativos do municipio. Será unha oportunidade para percibir de primeira man o sentido e significado dunha tese de doutoramento realizada nun contexto concreto e poder coñecer as súas derivacións e implicacións para a práctica socioeducativa na que foi concibida.
No evento intervirán o profesor Iván García, o alcalde do Concello de Vedra, Carlos García Martínez; e os directores da tese, Belén Caballo Villar e Jesús Rodríguez Rodríguez.