Casa do Saber
A profesora da USC na Facultade de Humanidades María Valcárcel conducirá este xoves, a partir das 19.30 horas, na Casa do Saber, un club de lectura e un posterior coloquio coa escritora Marta Sanz

A profesora da USC na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo María Valcárcel, conducirá este xoves 25, a partir das 19.30 horas, un club de lectura e un posterior coloquio coa escritora Marta Sanz, quen aproveitará a súa estadía na capital luguesa para presentar o seu último libro, que se desenvolve baixo o título ‘Persianas metálicas bajan de golpe’.
O acto comezará cunha sesión de lectura con membros do club Lectocosmos e, de seguido, a partir das 20.30 horas, todo o público interesado poderá participar nun coloquio aberto con esta galardoada autora española.