Salón de Graos
A adestradora de baloncesto e ex deportista de elite Catarina Pollini e as dietistas nutricionistas especializadas en nutrición deportiva Laura Sas Barbeito, Laura Carballal Besteiro e Eva González Devesa interveñen como relatores no evento organizado na Facultade de Ciencias do gallo do Día Internacional da Muller

A Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC, presidida pola catedrática da USC Ángeles Romero, celebra este venres, a partir das 10.00 horas, no Salón de Graos do centro universitario lugués a mesa de debate ‘Muller e deporte’, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
A alumna do grao en Nutrición Humana e Dietética Ana Páez Rodríguez, que tamén é vicepresidenta da asociación ADINU-Galicia, será a encargada de moderar unha sesión na que intervirán como relatoras a adestradora e ex xogadora de baloncesto de elite Catarina Pollini, así como as dietistas nutricionistas especialistas en nutrición deportiva Laura Sas Barbeito, Laura Carballal Besteiro e Eva González Devesa. A asistencia e libre e de balde para o público interesado.