Ir o contido principal

Coloquio universitario con representantes de partidos políticos

23.01.2024 | 19.00h

Santiago de Compostela
Auditorio da Facultade

É unha iniciativa promovida pola USC que se desenvolverá no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación con entrada libre ata completar a capacidade do espazo

O coloquio celebrarase no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite
O coloquio celebrarase no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite

A USC organizará o martes 23 un coloquio universitario coas distintas organizacións actualmente representadas no Parlamento de Galicia. O coloquio desenvolverase a partir das 19.00 horas no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación con entrada libre ata completar a capacidade do espazo e contará coa presenza de Carmen Pomar (PP), Olalla Rodil (BNG) e Julio Abalde (PSdG). O encontro tamén se retransmitirá en streaming a través da canle de oficial de Youtube da USC.

No desenvolvemento deste encontro abordarase a postura das distintas formacións políticas en relación a temas de interese para a comunidade universitaria, agrupados en catro bloques temáticos: Estudantado, Investigación, Financiamento e Titulacións. Deste xeito, cada partido poderá presentar o seu posicionamento en relación a vivenda e implicación territorial (mobilidade, dispersión, servizos,...) do estudantado; financiamento da investigación e cuestións sobre carreira investigadora e transferencia de coñecemento; autonomía financeira das universidades e investimento do 1% do PIB recollido na LOSU ou custos de matrícula; e xestión do mapa de titulacións, con particular atención á adaptación da oferta á demanda, duplicidade de títulos e relacións coas singularidades territoriais, entre outras cuestións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.01.2024.