24.06.2022 | 20.30h
Teatro Principal
USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

Helena Salgueiro súmase ao USCénica 2022 con Come and go, unha peza performativa que investiga o tempo, a ausencia e a presencia, o xesto, a linguaxe… a partir do texto homónimo, dos máis minimalistas e conceptuais, de Samuel Beckett. A representación terá lugar o venres, 24 de xuño ás 20.30 horas no Teatro Principal.
As entradas teñen un prezo de 3 euros e estarán dispoñibles no despacho de billetes do Teatro dende as 18.30 h.
