Ir o contido principal

Universidade de Verán 2021

'Competencia cultural para o coidado e obxectivos do desenvolvemento sostible. Preguntas e respostas'

16.06.2021

Salón de Actos do Edificio Docente Roberto Novoa Santos do CHUS

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Coidado de maiores. Foto: Pixabay
Coidado de maiores. Foto: Pixabay

Este curso da Universidade de Verán pretende transmitir competencias culturais para o coidado, o que significa fuxir de estereotipos e vencer prexuízos que permitan instaurar relacións afectivas desde o respecto do que nos é alleo e con conciencia cultural. Para iso precísase vontade, pero tamén traballar o compromiso e mellorar a formación da enfermería.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 15 horas lectivas, abrangue do 16 ao 18 de xuño.

A USC recoñece a asistencia a (como mínimo) o 80% deste curso cun crédito ECTS para o seu alumnado de grao.

As prazas están limitadas 90 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 4 de xuño, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.05.2021.