Ir o contido principal

Congreso internacional

'Comunidades locais e Camiño de Santiago. Alianzas e ameazas'

Evento organizado pola Rede Galabra

Peregrinas en Santiago de Compostela. Foto: Santi Alvite
Peregrinas en Santiago de Compostela. Foto: Santi Alvite

O Congreso Internacional Comunidades Locais e Camiños de Santiago pretende,  baixo o lema ‘Ameazas e alianzas’, afondar no vínculo entre as devanditas comunidades e o fenómeno xacobeo.

Entre os días 27 e 30 de outubro, a Facultade de Filoloxía será o escenario no que se respondan cuestións como que pensan as comunidades locais sobre os Camiños; como afectou ao seu modo de vida; ou cal é a imaxe que sobre o visitado ten quen visita.

Este foro dispón de catro modalidades de participación: presentacións de comunicacións, paneis, proxectos ou participación sen comunicación. O primeiro prazo para a recepción de propostas remata o 3 de setembro. A inscrición no congreso poderá realizarse entre os días 10 e 25 do mesmo mes.

O congreso contará coa participación de varias decenas de investigadoras expertos na materia, entre os que cabe sinalar aos conferenciantes convidados Jordi Gascón (Universitat de Barcelona), Cristina Sánchez-Carretero (CSIC), Ivana Carina Jofre (Universidad Nacional de San Juan, Argentina) e Xerardo Pereiro (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro).  

O evento propiciará também o encontro e o debate con axentes da sociedade coas mesas redondas 'Comunidades e Camiños a debate' e 'Encontro con produtores/as locais'.  O programa social inclúe dúas actividades de observación e análise: 'Congresistas na cidade: guións', que consistirá nunha visita de observación de distintos puntos de Santiago de Compostela; e 'A descuberta do Camiño', que ofrece a oportunidade de percorrer un fragmento do Camiño Francés.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.10.2021.