Ir o contido principal

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

Concerto de Le BarLuthier

02.07.2022 | 22.00h

Santiago de Compostela
Terraza

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo

USCénica. Festival de artes escénicas da USC
USCénica. Festival de artes escénicas da USC

O programa musical do USCénica 2022 inclúe o sábado 2 de xullo o concerto de Le BarLuthier,  un conxunto sonoro que conforman Carlos Gil Fandiño (teclas e voz); Chucho González Uribe (táboa de lavar, burbullas e voces) e Míriam Rodríguez Pérez (voz). Terá lugar ás 22.00 horas na terraza do Auditorio da Universidade e as entradas, de balde, pódense retirar o mesmo día do evento dende unha hora e media antes do  seu comezo. 

Le BarLuthier

 

Le BarLuthier é un piano bar literal e itinerante.

Un piano de cola cunha caixa de resoancia que se converte nun bar onde se serven bebidas nunha viaxe no tempo ata os anos 30-40-50 coa súa música jazz, swing, dixie, latin, etc. a través dun espectáculo de humor musical con músicos e showwoman. Cunha posta en escena enxeñosa, elegante á vez que, lúdica, sofisticada e atrevida, auténtica e xenuína.

Máis información na web do USCénica 2022. 

Le BarLuthier
Le BarLuthier
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2022.