Ir o contido principal

Ciclo 'A escola na cidade'

Concerto a cargo de Carmen Ramírez, Sabela Hughes e Miguel Linares

15.06.2021 | 20.30h

Paraninfo da Universidade

Evento organizado pola Área de Cultura da USC en colaboración co Concello de Santiago e a Escola de Altos Estudos Musicais do Consorcio de Santiago

Cartel do evento
Cartel do evento

O concerto a cargo de Carmen Ramírez (violoncello), Sabela Hughes (violín) e Miguel Linares (trompa) incluirá pezas de C. Franck, P.I. Tchaikovsky, L.v. Beethoven e R. Strauss.

'A Escola na Cidade' é o ciclo de concertos de fin de curso do alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2020-2021 da Escola de Altos Estudos Musicais do Consorcio de Santiago, que se desenvolverá os días 7, 8, 10, 14, 15 e 18 de xuño no Paraninfo da USC.

A entrada será de balde, mais en aplicación do protocolo COVID-19 no relativo á capacidade da sala, as persoas interesadas en asistir a este concerto deberán reservar praza (máx 2/persoa) enviando un correo a area.cultura [at] usc.gal (area[dot]cultura[at]usc[dot]gal), indicado nome/s, apelido/s e teléfono/s, desde unha semana antes do concerto ata o día concerto ás 12.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2021.