Evento organizado pola Área de Cultura da USC en colaboración co Concello de Santiago e a Escola de Altos Estudos Musicais do Consorcio de Santiago

O concerto a cargo de Vicent Máñez (viola), Matthias Emmerink (violín) e Carmen Navarro (viola) incluirá pezas de J. Brahms, M. Reger, W. Walton, E. Ysaÿe e R. Schumann.
'A Escola na Cidade' é o ciclo de concertos de fin de curso do alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2020-2021 da Escola de Altos Estudos Musicais do Consorcio de Santiago, que se desenvolverá os días 7, 8, 10, 14, 15 e 18 de xuño no Paraninfo da USC.
A entrada será de balde, mais en aplicación do protocolo COVID-19 no relativo á capacidade da sala, as persoas interesadas en asistir a este concerto deberán reservar praza (máx 2/persoa) enviando un correo a area.cultura [at] usc.gal (area[dot]cultura[at]usc[dot]gal), indicado nome/s, apelido/s e teléfono/s, desde unha semana antes do concerto ata o día concerto ás 12.00 horas.