Ir o contido principal

Festival de Artes Escénicas 'USCénica' 2021

'Concerto para ferreñas e Do de peito (Da Capo al Fine)', de Ana Gesto

10.07.2021 | 21.00h

Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño/ Xardín do Auditorio da Universidade

A recadación do festival será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

Imaxe da representación
Imaxe da representación

Ana Gesto é performer e artista visual e desenvolve o seu traballo ao redor das prácticas culturais e sociais de forte carácter identitario, onde o proceso é esencial e resólvese a través da presenza, o espazo, a materialidade dos obxectos e o seu son. 

Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2021.