03.06.2021 | 20.30h
Evento organizado pola Área de Cultura da USC

O vindeiro 3 de xuño Javier López Jorge dará un concerto de piano no que interpretará obras de Bach, Brahms e Beethoven.
A entrada será de balde ata completar aforo, mais en aplicación do protocolo COVID-19 no relativo á capacidade da sala, as persoas interesadas en asistir a este concerto deberán reservar praza (máx 2/persoa) enviando un correo a area.cultura [at] usc.gal (area[dot]cultura[at]usc[dot]gal), indicado nome/s, apelido/s e teléfono/s, desde unha semana antes do concerto ata o día concerto ás 12.00 horas.