Ir o contido principal

Concerto de piano de Tomás Alegre na Casa do Saber

11/12/2021 - 13.00 horas

Lugo

O artista arxentino interpretará un repertorio que inclúe composicións de Franz Liszt, Enrique Granados e Frédéric Chopin na apertura do ciclo 'Clásica antes do Vermú'

Tomás Alegre
Tomás Alegre

O pianista arxentino Tomás Alegre abrirá este sábado, ás 13.00 horas, no auditorio da Casa do Saber o programa ‘Clásica antes do Vermú’, unha iniciativa promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, e que terá continuidade tamén en quenda de mañá no mesmo escenario o sábado 18 coa actuación do guitarrista cordobés Álvaro Toscano.

Tomás Alegre (Bos Aires, 1992) integra na actualidade o Trío Mozart de Deloitte, co que obtivo a Mención de grupo de cámara máis sobresaliente na categoría de grupos con piano en 2020, galardón que recibiu tamén en 2019 co Grupo Contrastes. Na súa primeira actuación na Casa do Saber de Lugo, Alegre interpretará un repertorio que inclúe composicións de Franz Liszt, Enrique Granados e Frédéric Chopin. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2021.